Friday 17 de May de 2024

Unha trintena de alumnos compoñen a Delegación Galega que compite esta semana nas Olimpíadas Estatais de FP,”Spain Skills 20222


— 29 alumnos participan nas 27 competicións das modalidades oficiais

— Outros seis alumnos realizarán participan nas modalidades demostrativas fora de competición

— Docentes galegos desprázanse como titores, coordinadores técnicos ou xurados

Unha trintena de alumnos compoñen a delegación galega que compite esta semana nas olimpíadas estatais de Formación Profesional, as Spain Skills 2022. Toman parte nesta competición os estudantes que acadaron medalla de ouro na fase galega do certame, Galicia Skills 2021.

O alumnado participante está acompañado polos seus titores. Tamén forman parte da delegación, en calidade de coordinadores técnicos, membros do xurado e xefes do equipo nacional de distintas competicións, outros oito docentes galegos.

Galicia presenta 29 competidores que participan en 27 habilidades, a totalidade das competicións oficiais que compoñen o certame. Ademais, a nosa Comunidade terá representación en tres modalidades de exhibición: Robótica colaborativa, Sistemas robóticos integrados e Industria 4.0.

As Spain Skills 2022 desenvólvense entre hoxe e o venres 25 no recinto feiral IFEMA de Madrid e nelas mediranse as competencias de alumnos das 17 CCAA e das cidades autónomas de Ceuta e Melilla. A competición en si realizarase o mércores, xoves e venres, mentres que a entrega de medallas será o sábado a mediodía.

A relación de compoñentes da delegación galega é a que se recolle no seguinte cadro:

Especialidade ou skill Centro educativo Alumno/a Titor/a
Atención sociosanitaria IES Agra de Raíces (Cee) Andrea Castreje Canosa Eva Trasmonte Castiñeira
*Carpintaría CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) Gabriel Besada Bernárdez Avelino Figueroa Lorenzo
CNC – Fresado IES Politécnico de Vigo (Vigo) Antonio Manuel Presas Rodríguez Javier Fondevila Blanco
Cociña CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) María Emilia Piedra Iglesias José Miguel García Silvarredonda
Control industrial IES María Sarmiento (Viveiro) Adrián López Bahamonde Ramón Costeira Fernández
Deseño de xogos e animacións 3D CIFP Imaxe e Son (A Coruña) Azucena Santos Estévez Mónica Parada Gandos
Deseño mecánico – CAD CIFP Ferrolterra (Ferrol) Alberto Estévez Ferreiro Miguel Maceda Blanco
Desenvolvemento web IES San Clemente (Santiago de Compostela) Santiago Andrade Ferreiro Victor Manuel Martínez Tabaoda
*Ebanistaría CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) Manuel Goyanes González María del Puerto Piñeiro Guerra
Electrónica CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela) Roberto Rodríguez Álvarez Sabino Vidal Garea
Estética IES 12 de Outubro (Ourense) Elidianik Almanza Quesada Diego Negro Taboada
Floraría IES Montecelo (Pontevedra) Ismael Soto Esperón Bárbara Carballal Mariño
Fontanaría e calefacción CIFP As Mercedes (Lugo) Iván López Fernández Leticia Conde Castro
Instalacións eléctricas IES Politécnico de Vigo (Vigo) Manuel Antonio Alonso Álvarez Moisés Nicolás Pereira Martínez
Mecatrónica CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) Pablo Corral Méndez

Iván Redondo Grandío

José Luis Blanco Carballido
Panadaría CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) Celia Vázquez Costoya Manuel Patiño Carou
Peiteado CIFP Someso (A Coruña) Jorge García González María Teresa Raviña Rosende
Pintura do automóbil CIFP As Mercedes (Lugo) Ismael Fernández Luaces Luis Abelleira Álvarez
Recepción hoteleira CIFP Manuel Antonio (Vigo) Sergio Martínez Calvar Roi Álvarez González
Refrixeración e aire acondicionado CIFP As Mercedes (Lugo) Jordi Montero i Castellón Víctor Paz Cortiñas
Reparación de carrozaría CIFP Coroso (Ribeira) Iago Castro Abuín Manuel García Deus
Servizo de restaurante e bar CIFP Fraga do Eume (Pontedeume) Bruno Landrove Gómez Gerardo Pereira Romero
Soldadura IES María Sarmiento (Viveiro) Mateo Rubal Fanego Eliseo Maseda Iglesias
Tecnoloxía da moda CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) Alfonso Rodríguez Díez María Cruz Iglesias Viqueira
Tecnoloxía do automóbil IES María Sarmiento (Viveiro) Sergio Martínez Pajón Luis Gesto Lois
TIC Administración de sistemas en rede IES Isidro Parga Pondal (Carballo) Martín Cambón Recarey Diego Terrón del Valle
Xardinaría paisaxística IES Montecelo (Pontevedra) Iván Francisco Darriba Bello

Anxo Gabián Vila

Eliseo Castro Iglesias
Industria 4.0 (Demostración, fóra de competición) CIFP Ferrolterra (Ferrol) Ramón Sixto Serantes Isabel Veiga Lozano
Industria 4.0 (Demostración, fóra de competición) CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol) Lidia López Pérez Patricia Grueiro Cercido
Robótica colaborativa (Demostración, fóra de competición) CIFP Universidade Laboral (Culleredo) Iago Barreiro López

Gonzalo Fandiño Romero

Susana Fernández Gómez
Sistemas robóticos integrados (Demostración, fóra de competición) CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) Adrián Sanfiz Veiga

Andrés Díaz López

Carlos Victorio Álvarez Pérez